EMPRESA

Valormiño, S.L. é unha oficina técnica adicada ao desenvolvemento de Proxectos Industriais e especializada en traballos de inxenería e medioambente para empresas. Os nosos técnicos elaboran proxectos que van desde a nova implantación de empresas, ata a adaptación de empresas implantadas ás novas normativas industriais ou medioambientais.

Temos unha gran experiencia en desenvolvemento de proxectos, estudos de efectos ambientais, trámites e permisos administrativos, xestións coa administración, así como no desenvolvemento de sistemas de xestión medioambiental.

Os proxectos desenvolvidos por Valormiño teñen como obxectivo prioritario o desenvolvemento do crecemento sostible e do coidado co medio que nos rodea, adaptando as necesidades produtivas das empresas de maneira que sexa posible o seu máximo desenvolvemento paralelamente ao crecemento da súa contorna.